DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2007 Páx. 16.867

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 171/2007, do 6 de setembro, sobre asunción da ampliación dos medios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1140/2007, do 31 de agosto, en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña e a súa asignación á Consellería de Traballo.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 185, do 24 de setembro de 2007, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 15.638, no título do decreto, onde di: «e a súa asignación á Consellería de Traballo”, debe dicir, “e a súa asignación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria».

-Na páxina 15.639, na columna da esquerda, artigo 2, onde di: «De acordo co establecido no Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, asígnanse á citada consellería, as funcións e servizos asumidos», debe dicir: «De acordo co establecido no Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, asígnanselle á citada consellería, as funcións e servizos asumidos».