DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2007 Páx. 16.867

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 170/2007, do 6 de setembro, sobre asunción da ampliación dos medios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 1139/2007, do 31 de agosto, en materia de educación no CEIP Almirante Juan de Lángara e Huarte, e a súa asignación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Advertido un erro no devandito decreto, publicado no DOG nº 185, do 24 de setembro de 2007, procede facer a seguinte corrección:

-Na páxina 15.638, na columna da dereita, na disposición derradeira primeira, onde di: «Facúltase o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto e para adoptar as medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións e servizos traspasadas», debe dicir: «O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por iniciativa da titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ditará cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto e para adoptar as medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións e servizos traspasadas».