DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2007 Páx. 16.834

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2007 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2006, pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2007 e 2008 de programas experimentais en materia de emprego e da Orde do 9 de abril pola que se amplían os créditos e os prazos para a presentación de solicitudes de determinados programas de políticas activas de emprego, ao abeiro do I Plan integral de emprego de Galicia.

O artigo 11.10º da Orde do 28 de decembro de 2006, pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2007 e 2008 de programas experimentais en materia de emprego, dispón que as resolucións de concesión serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.03.322B.481.0 e 16.03.322B.460.0 ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2006, que se recollen como anexo I, e das concedidas ao abeiro da Orde do 9 de abril, que se recollen como anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2007.

Pastor Fuenteseca Díaz

Director xeral de Formación e Colocación

Ver referencia pdf "20000D005P021.PDF"

Ver referencia pdf "20000D007P031.PDF"