DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2007 Páx. 16.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados polo centro de estudos Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso de manipulador de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Centro de estudos Cacumen.

3. Data.

Do 16 de novembro ao 15 de decembro de 2007.

4. Duración.

60 horas (avaliación 1 hora).

5. Lugar de realización.

Centro de estudos Cacumen. R/ Concepción Areal, 18-1º. 27004 Lugo.

6. Número de prazas.

Máximo 18 alumnos.

7. Dirixido.

A responsables técnicos de empresas de servizos praguicidas que estean dados de alta na Seguridade Social (traballadores en activo).

8. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

9. Presentación de solicitudes.

Segundo modelo do anexo I.

10. Data límite para a presentación de solicitudes.

Ata o 7 de novembro de 2007.

11. Programa.

Ver referencia pdf "20000D005P021.PDF"

12. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de as superaren, expedirá o certificado correspondente, co que se poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2007.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

-Entidade organizadora: centro de estudos Cacumen.

-Data: do 16 de novembro ao 15 de decembro de 2007.

-Lugar de realización: centro de estudos Cacumen.

C/ Concepción Areal, 18-1º. 27004 Lugo.

-Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora proba avaliación.

-Nº máximo de alumnos: 18.

-Horario: de 10.00-14.00 h e de 16.00-20.00 h.

-Prezo: gratuíto.

-Inscrición: enviar ficha de solicitude a Cacumen. R/ Concepción Areal, 18-1º. 27004 Lugo, xunto cunha copia da nómina ou recibo de autónomos do mes de outubro, antes do 7 de novembro de 2007. As inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada.

Teléfono 982 24 39 44. Fax 982 28 41 61.

E-mail: cacumen@cacumenlugo.com.

Apelidos.…………......…......................................

Nome.…………......……………………….......…

NIF…….…........………………….……...............

Enderezo………………….………………............

Localidade…………….………...…………..........

Teléfono.................................. Fax….......….….....

Empresa.....…………………………........……….