DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2007 Páx. 16.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2007 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 26 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2007.

En cumprimento do disposto nos artigos 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 6.4º da Orde do 26 de febreiro de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2007, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2007.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as actividades de fomento da prevención de riscos laborais recollidas no número 2º do artigo 3 da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

-De formación, destinadas aos traballadores/as galegos/as.

-Estudos e traballos técnicos relacionados coa seguranza e saúde laboral.

-De investigación e de prospección dirixidas á mellora da prevención de riscos laborais, así como estudos de condicións de traballo en sectores concretos de actividade económica.

-De difusión, sensibilización e intercambio de experiencias (conferencias, xornadas, seminarios e publicacións):

a) De difusión normativa e técnica, en relación coa Lei de prevención de riscos laborais e normativa de desenvolvemento.

b) De sensibilización empresarial para investimento específico en prevención de riscos laborais.

c) De intercambio de experiencias e boas prácticas en seguranza e saúde laboral.

Norma reguladora: Orde do 26 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 4, do 2 de marzo).

Crédito orzamentario: 1.560.000 € (un millón quiñentos sesenta mil euros) recollido na aplicación orzamentaria 16.04.324B.481.1 (1.500.000 €) e na aplicación orzamentaria 16.04.324B.460.0 (60.000 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

Beneficiarios da subvención e importe dela: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2007.

P.D. (Disposición adicional segunda

da Orde do 26-2-2007)

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Ver referencia pdf "19900D010P033.PDF"