DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2007 Páx. 16.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2007, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publican as subvencións concedidas para a realización de investimentos en instalacións para a prevención e redución da contaminación do ambiente, concedidas ao abeiro da Orde do 14 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo).

De conformidade co establecido nos artigos 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, 78.8º del Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e, tamén, de conformidade co disposto no artigo 13.4º da Orde do 14 de marzo de 2007, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas que realicen investimentos encamiñados á prevención e redución da contaminación a través de melloras tecnolóxicas aplicadas a procesos, cambios nas materias primas e produtos e á reutilización ou valoración non enerxética, publícase un extracto das resolucións de concesión das axudas concedidas ao abeiro da devandita orde, emitidas por esta dirección xeral.

Finalidade da axuda: todas estas axudas teñen como finalidade fomentar a protección do ambiente, co fin de minimizar a contaminación e reducir o impacto sobre o medio e obter melloras ambientais a través de cambios nos procesos, produtos ou nas materias primas e na súa utilización, reutilización en fábrica dos residuos xerados e cambios tecnolóxicos.

Norma reguladora: Orde do 14 de marzo de 2007 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas que realicen investimentos encamiñados á prevención e redución da contaminación a través de melloras tecnolóxicas aplicadas a procesos, cambios nas materias primas e produtos e á reutilización ou valoración non enerxética (DOG nº 59, de 23 de marzo).

Aplicación orzamentaria: 15.03.541D.770.0.

Crédito orzamentario: 750.000 euros.

Ver referencia pdf "19900D008P022.PDF"