DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2007 Páx. 16.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2007, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publican as subvencións concedidas para a realización de investimentos en melloras ambientais dos centros autorizados de reciclaxe e descontaminación de vehículos en Galicia, concedidas ao abeiro da Orde do 15 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo).

De conformidade co establecido nos artigos 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e, tamén, de conformidade co disposto no artigo 13.4º da Orde do 15 de marzo de 2007, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de subvencións en melloras ambientais dos centros de autorizados de reciclaxe e descontaminación de vehículos en Galicia, publícase un extracto das resolucións de concesión das axudas concedidas ao abeiro da devandita orde, emitidas por esta dirección xeral.

Finalidade da axuda: todas estas axudas teñen como finalidade contribuír no fomento da protección do ambiente, co fin de minimizar a contaminación e reducir o impacto sobre o medio e obter melloras ambientais a través de investimentos que se realicen en: zonas de recepción e/ou almacenamento; descontaminación; reciclaxe/fragmentación e descontaminación, co fin de minimizar a contaminación sobre o medio, e obter melloras ambientais a través do reciclado dos residuos xerados.

Norma reguladora: Orde do 15 de marzo de 2007 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de subvencións en melloras ambientais aos centros de autorizados de reciclaxe e descontaminación de vehículos en Galicia, sector de despezamentos de Galicia (DOG nº 59, do 23 de marzo).

Aplicación orzamentaria: 15.03.541D.770.0.

Crédito orzamentario: 300.000 €.

Empresas beneficiarias e importe da subvención concedida a cada unha delas expresada en euros, por orde alfabética:

Ver referencia pdf "19900D006P021.PDF"

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2007.

Joaquín Lucas Buergo del Río

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental