DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2007 Páx. 16.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 26 de setembro de 2007 pola que se acorda a cesión en propiedade de determinados bens mobles patrimoniais adscritos á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos a diversas confrarías de pescadores de Galicia.

A Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de Pescadores de Galicia, no seu artigo 1, define estas como corporacións de dereito público dotadas de personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lles están encomendadas, atribuíndolles, entre outros, segundo o artigo 3.3º c) da citada norma legal, a función de xestionar e administrar aqueles bens patrimoniais que lles sexan cedidos polas administracións públicas.

Por outra banda, e tendo en conta a suxeición das confrarías de pescadores á tutela da Administración pública galega, exercida a través desta consellería, cómpre cederlle o uso dalgúns bens mobles adscritos a este organismo para seren destinados por esas corporacións con fins de utilidade pública ou interese social.

Para tal fin, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos tramitou o expediente de cesión, de conformidade co disposto no artigo 35 bis, da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo.

Polo exposto e, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada por Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse as cesións en propiedade dos bens mobles patrimoniais que se relacionan no anexo á presente orde ás confrarías de pescadores que figuran no dito anexo.

Artigo 2º

As cesións sinaladas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos, tal e como establecen os artigos 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 96 bis do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento, destinarase a fins de utilidade pública e interese social das confrarías cesionarias, concretamente, á mellora das súas condicións técnicas aos confrades e ao sector.

b) Coa cesión outorgarase ás confrarías de pescadores enunciadas no anexo a propiedade dos bens mobles cedidos.

c) Se os bens cedidos non se aplicasen ao fin sinalado, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento, ou se se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor dos detrimentos e deterioracións que experimentasen.

d) Serán de conta das corporacións cesionarias todos os gastos de conservación e mantemento dos bens mobles cedidos.

Artigo 3º

As devanditas cesións formalizaranse mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a través da secretaría xeral, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2007.

María Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

Cesións en propiedade de equipamentos pesqueiros a diversas confrarías de Pescadores de Galicia acordadas pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

1ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Ares (A Coruña).

Equipamento: máquina hidrolimpadora de auga quente.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HDS 1195 VEX S ECO.

Nº de serie: 061724.

Descrición: caudal 600-1200 l/h. Presión 30-180 bar. Temperatura 80/140 ºC. Consumo gasóleo 6,5 kg/h. Pot. 8,5 kW. Depósito combustible 25 l. Peso 155 kg. Trifásica 3×380 V.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01075.

Valor total: 4.400 €.

2ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Ares (A Coruña).

Equipamento: máquina para pintar barcos.

Fabricante/Marca: Delon.

Modelo: MACK 40.

Nº de serie: 341002.

Descrición: equipamento composto de:

-1 bomba airless marca Delon modelo MACK 40.

-1 mangueira airless de 20 metros.

-1 pistola Delon completa.

-1 compresor Pintuc Industrial de 7,5 CV cunha capacidade de caldeira de 270 litros. Núm. de serie: 0092092474.

-1 mangueira para o compresor de 20 metros.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01156.

Valor total: 6.299,96 €.

3ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Bueu (Pontevedra).

Equipamento: sistema automatizado de clasificación, dosificación e envasado de polbo fresco.

Fabricante/Marca: Scanvaegt.

Modelo: enfaixadora SVALX 100×35. Clasificadora JJS53784.

Nº de serie: enfaixadora 4 110 805. Clasificadora 60 048 205.

Descrición enfaixadora.

-Control: automático.

-Materiais: aceiro inoxidable tipo AISI 304.

-Capacidade: 15-20 caixas/minuto.

-Principio de cintadora: embalaxe baixo film.

-Cambio de cinta: alimentación automática de cinta.

-Alto da cinta: 900 mm.

-Potencia instalada: 1,8 kW.

-Largo da cinta: 600 mm.

Descrición clasificadora:

-Dimensión do produto: mín. 500×200×50 mm, máx. 1.000×400×100 mm.

-Peso: mín. 300 gr y máx. 5.000 gr.

-Capacidade máxima teórica de pesaxe: 53 u/min.

-Capacidade máxima práctica de pesaxe: 40 u/min.

-Peso de racións: 20 kg.

-Consumo máximo enerxía: 10,5 kW.

-Consumo máximo de auga: 20 l/min.

-Subministro de aire: máx. 10 bar - mín. 7 bar, aire limpo e seco, consumo máx. con 7 bar: 500 l/min.

-Temperatura: 5-40 ºC.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: outubro 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00230.

Valor total: 414.559,64 €.

4ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Bueu (Pontevedra).

Equipamento: unidade controladora de poxa.

Descrición: unidade controladora de poxa composta de:

-1 pantalla TFT de plasma de cor de 42” marca Hitachi modelo SRS-Trubass, inclúe soporte de parede.

-1 ordenador tipo PC Pentium IV, 512 MB, 160 Gb. DVD, 10/100, Windows XP Profesional, antivirus.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2005.

Nº de expediente: 2005-60-0325.

Valor total: 4.118 €.

5ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Burela (Lugo).

Equipamento: carro varadoiro automotriz de izado hidráulico.

Fabricante/Marca: Anytec Marine AB.

Modelo: Sublift-125 (25 toneladas).

Nº de serie: 125004.

Descrición do equipamento:

-Carro varadoiro automotriz sobre pneumáticos, de izado hidráulico para embarcacións de ata 25 toneladas, con control e guiado remoto, semisomerxible, para o seu uso por ramplas de varada.

-Motor diésel Kubota modelo V2203 núm. serie 04E5650 e código núm. 1G975-50000, de 4 cilindros e cunha potencia de 36,4 kW.

-O sistema elevador está composto de dúas eslingas de soporte e movidas por dous pares de cilindros hidráulicos.

-A transmisión as rodas motrices para o desprazamento é hidráulica, a través de dous rollos motrices que actúan sobre as catro rodas posteriores. Os freos son hidráulicos, situados nos motores hidráulicos das rodas.

-O equipamento conta cun mando a distancia co seu cargador e dunha escaleira metálica.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: novembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-00305.

Valor total: 170.000 €.

6ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Burela (Lugo).

Equipamento: sistema automatizado de lavado de caixas.

Fabricante/Marca: Talleres Cameselle.

Modelo: ACAM-12.

Nº de serie: 6-006.

Descrición: conxunto de equipos diferenciados e entrelazados mediante cintas transportadoras, para o lavado de caixas de plástico con capacidade de lavado de 800 a 1.000 caixas por hora. Construída en aceiro AISI 316 e outros materiais anticorrosivos en ambiente mariño. Superficie ocupada 30 m².

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: febreiro 2006.

Nº de expediente: 2004-12-00671.

Valor total: 274.084 €.

7ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cambados (Pontevedra).

Equipamento: máquinas hidrolimpadoras.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HD 10/25-S.

Nº de serie: 046049 e 046052.

Descrición: caudal de auga 500-1.000 l/h. Presión de traballo 30-250 bares. Máx. temperatura da auga de entrada 60 ºC. Potencia conexión 9,2 kW. Capacidade depósito deterxente 6 l. integrado. Peso 62 kg. Medidas 560×500×1.090. Trifásica 3×380 V.

Cantidade: 2.

Ano de adquisición: xullo de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00823.

Valor total: 3.932,40 €.

8ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cambados (Pontevedra).

Equipamento: equipamento de vixilancia.

Descrición do equipamento:

-3 transceptores portátiles VHF mariño ICOM IC-M31. Núm. de series: 0504947, 0507755 e 0511527.

-1 foco halóxeno con baterías recargables Cordless Spotlgt 3500 candle.

-1 prismático Nikon ACHTION VII 10×50 TF.

-1 prismático de visión nocturna de xeración 2+.

Ano de adquisición: agosto de 2005.

Nº de expediente: 2005-60-00057.

Valor total: 5.972,84 €.

9ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cariño (A Coruña).

Equipamento: carreta elevadora telescópica.

Fabricante/Marca: Manitou.

Modelo: MT 732.

Nº de serie: 205500.

Descrición: carreta elevadora telescópica Manitou modelo MT 732, serie B-E2, núm. de bastidor 205500 e das seguintes características:

-Capacidade de carga: 3.200 kg.

-Motor Perkins cunha potencia de 61,5 kW. refrixerado por auga, montado sobre pneumáticos con transmisión permanente as catro rodas mediante convertedor de par e tres posicións de xiro.

O equipamento componse de elementos intercambiables entre si, que son os seguintes:

-1 taboleiro porta-forquita con capacidade de rotación en vertical de 126º, e 2 forquitas de 1,2 m de lonxitude, cunha separación entre elas de 1 m.

-1 cazo sen dentes de 900 litros.

-1 halador hidráulico para redes de cerco modelo H-635/D. O diámetro do tambor é de 635 mm. O tiro e velocidade a œ tambor é de 1,7 t e 45 m/min. respectivamente. A presión e caudal de aceite requiridos é de 180 bar e 50 l/min. respectivamente.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-0670.

Valor total: 57.501,20 €.

10ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cariño (A Coruña).

Equipamento: máquina hidrolimpadora auga quente.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HDS 1195 S ECO.

Nº de serie: 061744.

Descrición: caudal de auga 600-1.200 l/h. Presión de traballo 30-180 bares. Máx. temperatura de traballo 80/140 ºC. Potencia conexión 8,2 kW. Consumo de gasóleo 6,5 kg/h. Capacidade depósito combustible 25 l. Peso 155 kg. Trifásica 3×380 V.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01106.

Valor total: 4.400 €.

11ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cariño (A Coruña).

Equipamento: máquina para pintar barcos.

Fabricante/Marca: Graco.

Modelo: I04J.

Nº de serie: AC03256.

Descrición: máquina para pintar barcos composta de:

-1 bomba airless marca Graco 9 litros/min. completa.

-1 compresor trifásico. marca Imcoinsa de 7,5 CV. 500 litros. Modelo 600062. Núm. de serie 70070.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: febreiro 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00105.

Valor total: 6.449,60 €.

12ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cariño (A Coruña).

Equipamento: contedores.

Descrición: contedores de chapa de aceiro de 5 m3 de capacidade cada un, con sistema de elevación multibenne ref. 215.

Cantidade: 2.

Ano de adquisición: febreiro de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00104.

Valor total: 4.640 €.

13ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cariño (A Coruña).

Equipamento: enfardadora semiautomática.

Fabricante/Marca: SIAT.

Modelo: SW2L.

Nº de serie: 51493.

Descrición do equipamento:

-Enfardadora semiautomática de 1,8×3,0×0,70.

-Velocidade de plataforma xiratoria 10 r.p.m.

-Carga máxima de plataforma 1.500 kg.

-Lonxitude máxima do paquete 1.200 mm.

-Largo máximo do paquete 1.200 mm.

-Altura máxima do paquete 2.200 mm.

-Altura do rolo de film 500 mm.

-Diámetro máximo do rolo 300 mm.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: febreiro de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00091.

Valor total: 5.208,40 €.

14ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Carril (Pontevedra).

Equipamento: máquina hidrolimpadora de auga quente.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HDS 895 M ECO V 2A 380.

Nº de serie: 187941.

Descrición: caudal de auga 470-1.000 l/h. Presión de traballo 30-180 bares. Máx. temperatura de traballo 80/140 ºC. Potencia conexión 6,7 kW. Consumo de gasóleo 5,8 kg/h. Capacidade depósito combustible 25 l. Capacidade depósito deterxente 20 l. Peso 133 kg. Medidas 1.285×690×835. Diámetro embocadura 055. Serpentín aceiro inox. Trifásica 3×380 V. Hidrolimpadora equipada con:

-40 metros de mangueira DN8 compacta 2 SN.

-4 roscas rápidas M22×1,5 negro.

-4 racores acoplamento aceiro zincado DN8.

-4 puños anticurvatura negro DN8.

-4 casquillos DN8/2ST.

-2 acoplamentos mangueira M22×1,5.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: maio 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00720.

Valor total: 4.803,21 €.

15ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Carril (Pontevedra).

Equipamento: subministración e instalación de quentador e auga quente na lonxa pesqueira.

Descrición do equipamento:

-Subministración e instalación de tubaxes de cobre vistas, en diámetros comprendidos entre 22 e 15 mm. así como accesorios complementarios para alimentación de auga quente a lavabos, aseos e pía exterior.

-Subministración e instalación de billas temporizadas Presto para lavabos, así como pedal para pía exterior.

-Subministración e instalación de termo eléctrico de 50 litros de acumulación en aceiro inox e pezas especiais.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: maio 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00602.

Valor total: 2.088 €.

16ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Carril (Pontevedra).

Equipamento: ampliación da iluminación dos parques de cultivo.

Descrición: ampliación da iluminación dos parques de cultivo da praia de Compostela:

-1 proxector de exterior, con equipamento de haloxenuros metálicos de 2.000 W e lámpada.

-1 soporte para o proxector, de ferro galvanizado, adaptado ao poste existente.

-1 transformador de 380/220 V de 3.000 W para alimentación do proxector e instalado no armario existente.

-1 liña de alimentación, dende o cadro existente, ata o proxector, con cable VV-0,6/1 kV de 3x6 mm2, baixo tubo de PVC e fixación.

-Reforzo de cableado no cadro de mando existente, por aumento de potencia.

Ampliación da iluminación dos parques de cultivo da zona da Rosa:

-1 proxector de exterior, con equipamento de haloxenuros metálicos de 2.000 W e lámpada.

-1 soporte para o proxector, de ferro galvanizado, adaptado ao poste existente.

-1 liña de alimentación, desde o cadro existente, ata o proxector con cable VV-0,6/1 kV de 3×6 mm2, baixo tubo de PVC e fixación.

-1 contador de 4x40 A.T.M., instalado no cadro de mando, con reforzo de cableado por aumento de potencia.

Subministración de 170 metros de cable FSO de 4×25 mm2, con terminais e fixación sobre fachada, pinzas de amarre, conectores e tensores.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: xullo 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00601.

Valor total: 5.594,41 €.

17ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cedeira (A Coruña).

Equipamento: máquina para pintar barcos.

Fabricante/Marca: Graco.

Modelo: 5900 GMAX.

Nº de serie: 2106800.

Descrición: equipamento para pintado das embarcacións.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: xullo de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00657.

Valor total: 6.333,60 €.

18ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cedeira (A Coruña).

Equipamento: máquina hidrolimpadora.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HD 10/25-S 3x380 V.

Nº de serie: 044317.

Descrición: caudal de auga 500-1.000 l/h. Presión de traballo 30-250 bares. Máx. temperatura da auga de entrada 60 ºC. Potencia conexión 9,2 kW. Capacidade depósito deterxente 6 l integrado. Peso 62 kg. Medidas 560×500×1.090. Hidrolimpadora equipada con:

-1 embocadura Karcher Turbo 050.

-20 metros de mangueira prolongación DN-8.

-1 acoplamento empalme mangueiras.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: xullo de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00657.

Valor total: 2.237,88 €.

19ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cedeira (A Coruña).

Equipamento: elementos de traballo e seguridade para zona de varadas.

Descrición:

-5 extintores de po ABC 6 kg 21-A 113-B C vermello.

-2 arneses anticaídas completo con corda e 2 mosquetóns.

-10 pezas de estada de 2×1 metros.

-5 plataformas metálicas de 3 metros.

-5 barras de estada de 3 metros.

-5 crucetas de estada de 3 metros.

-8 rodas para estada con freo.

Ano de adquisición: xullo de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00657.

Valor total: 1.114,03 €.

20ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cedeira (A Coruña).

Equipamento: material para explanada do varadoiro do porto pesqueiro.

Descrición:

-1 escaleira extensible de 5,5 metros de alto.

-2 escaleiras fixas de 4,5 metros e 3,5 metros respectivamente con varandas de seguridade e pintados con imprimación especial e acabamento amarelo.

-1 caseta de chapa galvanizada e armazón tubular reforzado, con porta de peche inox e pintada, para gardar dentro a máquina hidrolavadora para limpar as embarcacións.

-12 carros para transportar caixas de peixe construídos en aceiro inox con rodas de nailon, bandos de poliuretano e armazón inox. Cada un dos carros teñen unha capacidade de 300 kg. Os carros adaptados para levar tamén canastros para polbo ou xeo.

Ano de adquisición: xullo de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00664.

Valor total: 11.999,04 €.

21ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cedeira (A Coruña).

Equipamento: xerador grupo electróxeno.

Fabricante/Marca: Lombardini.

Modelo: 9 LD 625-2.

Nº de serie: 5193736.

Descrición:

-20 kVA de potencia.

-Tensión de 220 V/380.

-R.P.M. 3000.

-Frecuencia 50 Hz.

-1 motor Lombardini: Type 9 LD 625-2. s/n 5193736- K614840- DGM 1157/5372 OM.

-Arranque eléctrico.

-Grupo con cadro eléctrico e conmutación de rede: Mod. 250AT92B380328. CEI EN60439-1, núm. de serie 4.010.608.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: xullo de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00650.

Valor total: 9.964,40 €.

22ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Cedeira (A Coruña).

Equipamento: transpaletas manuais inox.

Fabricante/Marca: Pramac.

Modelo: GS.

Nº de serie: 778789,778790, 778791, 781916, 781917, 781918, 781919.

Descrición: transpaleta manual en aceiro inox cunha capacidade de carga de 2.500 kg e medidas 540×1.150 mm. con rodas de timón de nailon.

Cantidade: 7.

Ano de adquisición: xullo de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00663.

Valor total: 11.993,24 €.

23ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Celeiro (Lugo).

Equipamento: carro varadoiro automotriz de izado hidráulico.

Fabricante/Marca: Anytec Marine AB.

Modelo: Sublift-141 (40 toneladas).

Nº de serie: 141003.

Descrición:

-Carro varadoiro automotriz sobre pneumáticos, de izado hidráulico para embarcacións de ata 40 toneladas, con control e guiado remoto, semisomerxible, para o seu uso por ramplas de varada.

-Motor diésel Kubota modelo V2203 núm. serie 02Y3528 e código núm. 1G618-11000, de 4 cilindros e cunha potencia de 36,1 kW.

-O sistema elevador está composto de tres eslingas de soporte e movidas por tres pares de cilindros hidráulicos.

-A transmisión as rodas motrices para o desprazamento é hidráulica, a través de dous rolos motrices que actúan sobre as catro rodas posteriores. Os freos son hidráulicos, situados nos motores hidráulicos das rodas.

-O equipamento conta cun mando a distancia co seu cargador e dunha escaleira metálica.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: xuño 2006.

Nº de expediente: 2005-60-00129.

Valor total: 274.850 €.

24ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Corme (A Coruña).

Equipamento: mesa aceiro inox para escachado de ourizo.

Descrición: mesa de aceiro inox AISI 316 de 2,90 metros de longo, fabricación especial a medida para escachado de ourizo.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01132.

Valor total: 4.141,20 €.

25ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Fisterra (A Coruña).

Equipamento: carro varadoiro automotriz de izado hidráulico.

Fabricante/Marca: Anytec Marine AB.

Modelo: Sublift-141 (40 toneladas).

Nº de serie: 141002.

Descrición:

-Carro varadoiro automotriz sobre pneumáticos, de izado hidráulico para embarcacións de ata 40 toneladas, con control e guiado remoto, semisomerxible, para o seu uso por ramplas de varada.

-Motor diésel Kubota modelo V2203 núm. serie 04S1995 e código núm. 1G975-50000, de 4 cilindros e cunha potencia de 36,4 kW.

-O sistema elevador está composto de tres eslingas de soporte e movidas por tres pares de cilindros hidráulicos.

-A transmisión as rodas motrices para o desprazamento é hidráulica, a través de dous rolos motrices que actúan sobre as catro rodas posteriores. Os freos son hidráulicos, situados nos motores hidráulicos das rodas.

-O equipamento conta cun mando a distancia co seu cargador e dunha escaleira metálica.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: xuño 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00084.

Valor total: 274.850 €.

26ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Lira (A Coruña).

Equipamento: plataforma electrónica de pesaxe.

Fabricante/Marca: Ipesa Lda.

Modelo: Delta 2000.

Nº de serie: M040731.

Descrición: plataforma electrónica para un peso de 300 kg-100 gr, plataforma de 900×900 mm en aceiro inox, columna con visor xiratorio, patas en inox.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01108.

Valor total: 2.977,72 €.

27ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Lira (A Coruña).

Equipamento: armario frigorífico.

Fabricante/Marca: Snack Fagor.

Modelo: 1403/ACR-1303.

Nº de serie: 50010163.

Descrición: armario frigorífico para a conservación de gónada de ourizo.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: xullo de 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00825.

Valor total: 2.299,12 €.

28ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Lira (A Coruña).

Equipamento: carro varadoiro automotriz de izado hidráulico.

Fabricante/Marca: Anytec Marine AB.

Modelo: Sublift-125 (25 toneladas).

Nº de serie: 125003.

Descrición:

-Carro varadoiro automotriz sobre pneumáticos, de izado hidráulico para embarcacións de ata 25 toneladas, con control e guiado remoto, semisomerxible, para o seu uso por ramplas de varada.

-Motor diésel Kubota modelo V2203 núm. serie 03G3729 e código núm. 1G618-11000, de 4 cilindros e cunha potencia de 36,1 kW.

-O sistema elevador está composto de dúas eslingas de soporte e movidas por dous pares de cilindros hidráulicos.

-A transmisión as rodas motrices para o desprazamento é hidráulica, a través de dous rolos motrices que actúan sobre as catro rodas posteriores. Os freos son hidráulicos, situados nos motores hidráulicos das rodas.

-O equipamento conta cun mando a distancia co seu cargador e dunha escaleira metálica.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: agosto 2004.

Nº de expediente: 2004-12-00272.

Valor total: 157.000 €.

29ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Lorbé (A Coruña).

Equipamento: máquina hidrolimpadora de auga fría.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HD 650.

Nº de serie: 5.034-542.0.

Descrición:

-Caudal 150-550 l/h. Presión 20-150 bares. Máx. temperatura auga entrada 60 ºC. Pot. conexión 3,1 kW. Depósito deterxente 7 l. Integrado. Peso 26,5 kg. Monofásica 1×220 V.

-Unha embocadura Karcher Turbo 035 HD 650.

-Un filtro fino de auga Karcher.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01073.

Valor total: 939,01 €.

30ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Lorbé (A Coruña).

Equipamento: transpaleta manual.

Fabricante/Marca: Pramac.

Modelo: Inox-GS22-S4X.

Nº de serie: 749819.

Descrición: transpaleta manual en aceiro inox, cunha capacidade de carga de 2.500 kg.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01183.

Valor total: 1.542,80 €.

31ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Moaña (Pontevedra).

Equipamento: máquina hidrolimpadora auga quente.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HDS 895 M ECO.

Nº de serie: 198017.

Descrición: caudal de auga 470-1.000 l/h. Presión de traballo 30-180 bares. Máx. temperatura de traballo 80/140 ºC. Potencia conexión 6,8 kW. Capacidade depósito combustible 25 l. Peso 155 kg. Trifásica 3×380 V.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01099.

Valor total: 3.913 €.

32ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Moaña (Pontevedra).

Equipamento: máquina hidrolimpadora de auga quente.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HDS 558 C.

Nº de serie: 051057.

Descrición: caudal de auga 290-550 l/h. Presión de traballo 30-140 bares. Máx. temperatura de traballo 80/140 ºC. Potencia conexión 3,2 kW. Capacidade depósito combustible 16 l. Peso 94 kg. Monofásica 1×220 V.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01099.

Valor total: 2.569,01 €.

33ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de O Pindo (A Coruña).

Equipamento: máquina hidrolimpadora.

Fabricante/Marca: Preme.

Modelo: Pres 270.

Nº de serie: F400203001007.

Descrición: hidrolimpadora cunha capacidade de 15 litros e unha presión de traballo de 200-240 bares.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01107.

Valor total: 2.662,20 €.

34ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de pescadores do Vicedo (Lugo).

Equipamento: transpaleta manual.

Modelo: HU-PE.

Nº de serie: 61093.

Descrición:

-Transpaleta manual en aceiro inox.

-Rodas de nailon.

-Capacidade de carga 2.000 kg.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01191.

Valor total: 1.392 €.

35ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de pescadores do Vicedo (Lugo).

Equipamento: máquina hidrolimpadora de auga quente.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HDS 1295 S ECO.

Nº de serie: 059182.

Descrición:

-Caudal 600-1.200 l/h. Presión de traballo 30-180 bares. Máx. temperatura de traballo 80/140 ºC. Consumo gas-oil 6,5 kg/h. Potencia de conexión 8,2 kW. Capacidade depósito combustible 25 l. Depósito deterxente 20 l. Peso 160 kg. Trifásica 3×380 V.

-Dotada dunha pistola con regulación e sistema de variación de temperatura, mangueira de 10 metros, lanza xiratoria de 1.050 mm.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2004.

Nº de expediente: 2004-12-01190.

Valor total: 4.709,60 €.

36ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de pescadores do Vicedo (Lugo).

Equipamento: equipamento frigorífico.

Fabricante/Marca: Frigicoll.

Modelo: HAC-390 CS.

Nº de serie: 05080196 C.

Descrición: substitución de equipamento frigorífico composto de:

-1 unidade condensadora marca Frigicoll modelo HAC-390 CS, núm. de serie 05080196 C. Presión máxima de servizo 27 kg.

-1 compresor marca Dorin modelo H-390 CS.

-1 condensador marca Kobol modelo GPC-62.

-1 cadro eléctrico en caixa de PVC con microprocesador.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: outubro 2005.

Nº de expediente: 2005-60-00237.

Valor total: 5.220 €.

37ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de pescadores do Vicedo (Lugo).

Equipamento: guindre para carro varadoiro.

Fabricante/Marca: Talleres Carral.

Modelo: CH-2019.

Nº de serie: 917.

Descrición: guindre para carro varadoiro cunha capacidade de tiro para 30 toneladas máximo, con rampla de 52 metros e unha inclinación de 7,5º, das seguintes características:

-1 guindre de carga CH-2019 con motor eléctrico de 10 CV a 1.500 r.p.m., 380/660V, 50 Hz, con protección IP-55, servizo continuo.

-1 rolo horizontal S-240 nº 2.

-1 pasteca serie 242 nº 5, 1 polea.

-1 pasteca S-240 nº 5, 2 poleas, con chasis aparafusable.

-1 cadro eléctrico con arrancador con resistencias de caldeo, inversor de xiro, botoeira con pulsador de marcha-paro, mangueira de 15 metros, botón de paro de emerxencia.

-220 metros de cable de aceiro 6×36+0 galvanizado, engraxado e diámetro 10 mm.

-2 manuais de instrucións

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: decembro 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00749.

Valor total: 12.000 €.

38ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Palmeira (A Coruña).

Equipamento: calibradora de moluscos.

Fabricante/Marca: Luciano Cocci.

Modelo: 2000 3 Gr. grader.

Nº de serie: 216-05.

Descrición: subministración e montaxe dunha calibradora de moluscos tipo 2000, 3 gramos e 4 tamaños.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: novembro 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00618.

Valor total: 11.908,56 €.

39ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Palmeira (A Coruña).

Equipamento: básculas.

Fabricante/Marca: Grupo Epelsa, S.L.

Modelo: F 1000.

Nº de serie: 9161294 e 9161442.

Descrición:

1 báscula de carga de ata 300 kg en aceiro inox composta de:

-1 prancha Grupo Epelsa S.L. núm. serie 9161294, cert. núm. 5413, modelo F1000.

-1 pantalla Grupo Epelsa S.L. núm. serie 2126029, cert. núm. T02219, modelo BC.

-1 impresora Associated Platform núm. serie 9161294.

1 báscula de carga de ata 30 kg en aceiro inox composta de:

-1 prancha Grupo Epelsa S.L. núm. serie 9161442, cert. núm. 5413, modelo F1000.

-1 pantalla Grupo Epelsa S.L. núm. serie 2126041, cert. núm. T02219, modelo BC.

-1 impresora Associated Platform núm. serie 9161442.

Cantidade: 2.

Ano de adquisición: decembro 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00620.

Valor total: 11.547,80 €.

40ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Porto do Son (A Coruña).

Equipamento: maquinaria para cetaria en circuíto pechado.

Descrición:

-Vaso de filtración M01 CT/R-C-3T/1523 Jcopiastia Ibérica de 500 litros de capacidade, con dobre fondo, filtro mecánico con 2 capas de foámex de 5 cm, filtro biolóxico con carga de 100 litros de biobolas, 100 kg de grava de carbonato cálcico e 50 kg de carbón activo.

-Xerador de ozono MOD. A 500 Oxitres de 500 mg con filtro secador de aire.

-Equipamento de frío Titan 4.000, sistema compacto de última xeración, fabricado en titanio especial para auga salgada, compresor vertical de 2 CV de potencia, con controlador de temperatura dixital, carcasa de protección, toma de entrada e saída de auga, para temperatura de 12 ºC - 13 ºC, equipamento monobloc con instalación eléctrica.

-Bomba de recirculación de auga de 1,5 CV, AMFI5M nº 220485 con tubaxe de aspiración e distribución a equipamentos e a viveiro, venturis para oxixenación da auga, válvulas, soportes e medidor de salinidade.

-Separador de urea TF-5.000-B, Aqua Medic Ocenrunner OR 3500 con accesorios e pezas de conexión.

-Instalación eléctrica: cadro eléctrico formado por interruptor xeral de corte, disxuntor para bomba de 1,5 CV, contactor e relé térmico para equipamento de frío de 2 CV, magnetotérmico para ozono, magnetotérmico para bomba de separador de urea, cableado ata equipamentos e acometida desde rede xeral ata cadro eléctrico dunha lonxitude de 19 metros.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: abril 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00167 e 2005-12-00490.

Valor total: 11.983,21 €.

41ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de Rianxo (A Coruña).

Equipamento: estabilizador de corrente eléctrica.

Fabricante/Marca: MGE UPS Systems.

Modelo: Pulsar Extreme 1500 C.

Nº de serie: 5103170800-882E03077.

Descrición: SAI UPS electrónico Merlín Gerin 1 kW.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: abril 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00623.

Valor total: 1.450 €.

42ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de San Cibrao (Lugo).

Equipamento: máquina hidrolimpadora.

Fabricante/Marca: Karcher.

Modelo: HD 855 SX.

Nº de serie: 043289 e 043283.

Descrición:

-Caudal de auga 150-550 l/h. Presión de traballo 10-155 bares. Máx. temperatura de traballo 60 ºC. Potencia de conexión 3,4 kW. Depósito combustible 25 l. Depósito deterxente 6 l. Peso 160 kg. Monofásica 1×220 V. Diámetro embocadura 034.

-Dotada con tambor porta-mangueira e con 15 metros de mangueira.

Cantidade: 2.

Ano de adquisición: abril 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00605.

Valor total: 3.364 €.

43ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de San Cibrao (Lugo).

Equipamento: bomba de baleiro compresor para pio da cetaria.

Fabricante/Marca: Siemens.

Modelo: G200 2 Bh 1500-7AH36.

Nº de serie: T500 1308 55 001/05.

Descrición:

-1 bomba de baleiro compresor Siemens 1 etapa 2,2 kW 220/380 V.

-1 tubaxe de instalación de aireación e ancoraxe.

-1 instalación eléctrica de alimentación, conmutación, mando e protección con todos os seus elementos.

Cantidade: 1.

Ano de adquisición: abril 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00751.

Valor total: 4.950 €.

44ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

Confraría de Pescadores de San Cibrao (Lugo).

Equipamento: subministración e instalación de servizos de auga e electricidade na zona de varadas.

Descrición:

-1 diferencial Garay 40/2-30 ma. 15261.

-1 limitador Gardy K60N curva C 2×25 A. 27915.

-1 limitador Gardy K60N curva 2×16 A. 27913.

-1 base de enchufe Schuko Eunea 96036.07 10/16 A.

-1 base mural BJC 9964-2P+T 32 A.

-1 caravilla Cetact BJC 9966 2×32+T.

-1 base de enchufe goma Schuko 10/16 A.

-1 cable aceflex 3×2,5.

-1 porta inox.

-1 cadeado inox.

-1 pica de terra de 1 metro.

-1 abrazadeira de pica MR-40.

-9 metros de cable flexible 4 mm marrón.

-5 metros cable flexible 4 mm azul.

Ano de adquisición: abril 2005.

Nº de expediente: 2005-12-00743.

Valor total: 465,59 €.