DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2007 Páx. 16.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se convocan probas de avaliación para a obtención de certificados individuais de manexo de desfibriladores externos por persoal non médico.

Visto o escrito presentado con data do 1 de outubro de 2007 por Marcos Gómez Paz, actuando en representación da entidade Cruz Vermella Española en Galicia, con domicilio para os efectos de notificacións na rúa Cruz Vermella Española, 1, 15002 A Coruña, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 1 de outubro de 2007, a entidade Cruz Vermella Española en Galicia, acreditada como entidade de formación de persoal non médico para o manexo de desfibriladores, presentou escrito dirixido ao secretario xeral da Consellería de Sanidade, no cal expoñía a súa intención de levar a cabo a programación que no mesmo escrito se indica.

Segundo.-Segundo a programación presentada, os cursos que se van realizar son os seguintes:

Mes: outubro.

Datas: 11.

Horario: das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

Lugar: Club Financiero de Vigo.

Terceiro.-De conformidade coa solicitude presentada, a composición do tribunal encargado de realizar as probas será a seguinte:

Instrutor: Marcos Domínguez Arias.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-De conformidade co previsto no artigo 13.3º do Decreto 99/2005, do 21 de abril, polo que se regula a formación e o uso de desfibriladores externos por persoal non médico, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade é o órgano competente para a convocatoria das probas de avaliación para a obtención do certificado individual correspondente.

Segundo.-A solicitude presentada reúne os requisitos mínimos exixidos no devandito artigo 13.3º do Decreto 99/2005, do 21 de abril, consistentes na determinación da entidade encargada da organización e do desenvolvemento das probas, a composición dos tribunais encargados de realizalas e o lugar, a data e a hora de realización destas.

Por canto antecede,

RESOLVO:

Convocar as probas de avaliación correspondentes á programación presentada pola entidade Cruz Vermella Española, tendentes á obtención dos certificados individuais para os participantes que as superen, e que terán lugar nas datas, nas horas e nos lugares determinados na solicitude presentada.

Para a expedición dos certificados individuais observarase o previsto no artigo 14 do Decreto 99/2005, do 21 de abril, polo que se regula a formación e o uso de desfibriladores externos por persoal non médico.

Contra a presente resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, a entidade interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, de conformidade co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2007.

José Manuel Peña Penabad

Secretario xeral da Consellería de Sanidade