DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 15 de outubro de 2007 Páx. 16.750

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 11 de outubro de 2007 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega con carácter indefinido, desde as 6.45 horas do día 16 de outubro de 2007 no centro de traballo Masa Galicia, O&M Energy, S.A (antiga Soluciona O&M e anteriormente UFON), Fergo Galicia, G.R. Siglo XXI, Obras y Servicios, S.L., Falcón Contratas y Seguridad, na mina de Meirama en Cerceda.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, malia limitar o seu exercicio para garantir os servizos esenciais da comunidade, entre os que está a subministración de electricidade.

O artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, faculta o conselleiro competente por razón dos servizos esenciais afectados ante unha situación de folga para que, mediante orde, decida o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento destes, así como para determinar o persoal preciso para a súa prestación.

A Confederación Intersindical Galega, en diante CIG, convocou unha folga con carácter indefinido, desde as 6.45 horas do día 16 de outubro de 2007, no centro de traballo de Masa Galicia, O&M Energy, S.A (antiga Soluciona O&M e anteriormente UFON) , Fergo Galicia, G.R. Siglo XXI, Obras y Servicios, S.L., Falcón Contratas y Seguridad na mina de Meirama en Cerceda, que pode ter incidencia na subministración de lignito pardo á central térmica de Meirama e na prestación dun servizo esencial como é a subministración de electricidade.

Polo tanto, cómpre determinar os servizos mínimos que se deben manter mentres dure a folga convocada no referido centro de traballo para garantir as debidas condicións de seguranza de persoas, bens e instalacións e asegurarlle o abastecemento de carbón á central térmica de Meirama.

Na súa virtude, oído o Comité de Folga e no uso das competencias que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os servizos mínimos que se deberán manter mentres dure a folga anunciada con carácter indefinido, desde as 6.45 horas do día 16 de outubro de 2007 no centro de traballo de Masa Galicia, O&M Energy, S.A (antiga Soluciona O&M e anteriormente UFON) , Fergo Galicia, G.R. Siglo XXI, Obras y Servicios, S.L., Falcón Contratas y Seguridad na mina de Meirama, titularidade de Lignitos de Meirama, S.A., serán os seguintes:

1. Empresas O&M Energy, S.A. e Masa Galicia, S.A.:

-1 supervisor en quendas de mañá e tarde.

-1 xefe de equipo eléctrico en quendas de mañá e tarde.

-1 oficial operador do recolledor por quenda.

-1 oficial de limpeza do parque por quenda.

-2 oficiais mecánicos do parque por quenda.

-2 oficiais eléctricos do parque por quenda.

-2 oficiais operadores de bombas por quenda.

-1 oficial operador de pupitre de trituración por quenda.

2. Empresa Fergo Galicia, S.A. (instalacións de parque):

-1 encargado en quendas de mañá e tarde.

-1 maquinista de pa CAT 980 en quendas de mañá e tarde.

-4 maquinistas de camión en quendas de mañá e tarde.

-1 mecánico en quenda de mañá.

3. Empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A.:

-4 traballadores por quenda.

4. Empresa G.R. Siglo XXII, Obras y Servicios, S.L.:

-1 operario de limpeza.

Ademais, nos casos que se enumeran a seguir será necesario engadir o seguinte persoal:

* Cada tres días, co gallo de garantir o mantemento das instalacións de bombeo:

Empresas O&M Energy, S.A. e Masa Galicia, S.A.:

-2 oficiais mecánicos de bombas en quenda de mañá.

* Se durante a duración da folga as reservas do parque de carbón baixan de 100.000 t, cantidade considerada como existencias mínimas de seguranza, logo da autorización da delegación provincial da Consellería de Innovación e Industria e ata que se volva acadar a cifra anterior:

1. Empresas O&M Energy, S.A. e Masa Galicia, S.A.:

-3 operadores de empillador (rotopá) en quendas de mañá e tarde.

-1 operador de empillador do parque en quendas de mañá e tarde.

-2 oficiais mecánicos de mina parque en quendas de mañá e tarde.

-2 oficiais eléctricos de mina en quendas de mañá e tarde.

-1 xefe de equipo mecánico en quendas de mañá e tarde.

-1 xefe de equipo eléctrico en quendas de mañá e tarde.

2. Empresa Fergo Galicia, S.A. (instalacións de parque):

-1 encargado en quendas de mañá e tarde.

-2 maquinistas de retroescavadora en quendas de mañá e tarde.

-10 maquinistas de dúmper en quendas de mañá e tarde.

-1 maquinista de bulldózer en quendas de mañá e tarde.

-1 maquinista de pa mixta (limpeza) en quendas de mañá e tarde.

-4 maquinistas en quenda de mañá.

* Os días en que se produza a descarga de cinzas xerada pola central térmica pola cinta T5 na entulleira exterior:

Empresa Fergo Galicia, S.A.:

-1 maquinista de pa en quendas de mañá e tarde.

-3 maquinistas de Volvo articulados en quendas de mañá e tarde.

-1 maquinista de bulldózer en quendas de mañá e tarde.

* Os días en que se produza a descarga de carbón na praia de vías:

Empresa O & M Energy, S.A.:

-2 oficiais operadores de descarga de carbón na praia de vías en quendas de mañá e tarde.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atender os servizos mínimos fixados nesta orde sancionarase de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 3º

O establecido nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora do dereito de folga lles recoñece aos traballadores.

Disposición derradeira

Está orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2007.

P.D. (Orde 27-9-2005, DOG nº 189, do 30 de setembro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria