DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 11 de outubro de 2007 Páx. 16.679

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia número 6893-2007.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 25 de setembro actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 6893-2007, promovido pola Xunta de Galicia, en relación coa Orde TAS/1051/2007, do 18 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de subvencións para a realización de programas de cooperación e voluntariados sociais con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Madrid, 25 de setembro de 2007. Herminia Palencia Guerra, secretaria de Xustiza do Pleno. Asinado e rubricado.

O secretario xeral

Rubricado