DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 10 de outubro de 2007 Páx. 16.584

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 28 de setembro de 2007 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Comité Provincial de Seguridade e Saúde Laboral de Lugo.

O Decreto 200/2004, do 29 de xullo, regula no seu artigo 16 a composición e procedemento de nomeamento dos vogais dos comités provinciais de Seguridade e Saúde Laboral.

No desenvolvemento previsión publicouse a Resolución do 8 de abril de 2005, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica a composición dos vogais dos comités provinciais de Seguridade e Saúde Laboral.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 de la Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, o artigo 14 do Decreto 200/2004, do 29 de xullo, e o artigo 2 da Orde do 15 de outubro de 2004, en relación co Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Polos cambios nas designacións producidas pola organización empresarial, noméanse como vogais do Comité Provincial de Seguridade e Saúde Laboral de Lugo, por proposta da súa correspondente organización empresarial, as persoas que se relacionan a seguir:

* Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

-Titulares:

David Manuel García Vilela.

Gonzalo Corredoira Linares.

Ildefonso Bourio Paz.

Modesto González Freire.

Carlos Carreira Fernández.

Nivardo Rego Valle.

-Suplentes:

Jorge Somoza Lázare.

Alfonso Parga López.

Carmen Castelao Muiña.

Víctor Ferreiro Segade.

Julio Blanco Cadahía.

Andrea Macho Benito.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2007.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

Ver referencia pdf "19700D001P008.PDF"