DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 08 de outubro de 2007 Páx. 16.335

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 28 de setembro de 2007 pola que se dispón o nomeamento e a renovación do mandato de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das administracións públicas, entidades e organismos a que representen aqueles.

Polo exposto, e vistas a proposta do Concello da Coruña, e en exercicio da facultade que me foi atribuída polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear a Henrique Tello León como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

Segundo.-Renovar o mandato dos seguintes vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación do Concello da Coruña:

-Mª del Mar Barcón Sánchez.

-José Federico Nogueira Fernández.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes