DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2007 Páx. 16.282

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 189/2007, do 4 de outubro, polo que se encarga o despacho de asuntos da Consellería de Sanidade, durante a ausencia da súa titular, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con motivo da ausencia da conselleira de Sanidade é necesario prover a súa substitución.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia da conselleira de Sanidade, encárgaselle o despacho de asuntos da citada consellería, desde o día 5 de outubro ata a súa incorporación, ao titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente