DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 05 de outubro de 2007 Páx. 16.282

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 187/2007, do 4 de outubro, polo que se nomea presidente do Xurado de Expropiación de Galicia a Manuel González Sarria.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 4.1º do Decreto 223/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de outubro de dous mil sete,

Nomeo presidente do Xurado de Expropiación de Galicia a Manuel González Sarria.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transporte

c) SUBSTITUCIÓNS PRESIDENCIA