DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2007 Páx. 16.240

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2007.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos pola Consellería de Traballo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2007, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2007.

José Vázquez Portomeñe

Secretario xeral da Consellería de Traballo

Ver referencia pdf "19300D007P024.PDF"