DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2007 Páx. 16.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, da Consellería do Medio Rural, e se convocan para 2007.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 186, do martes, 25 de setembro de 2007, cómpre facer as seguintes correccións:

No artigo 2, punto 2, letra b), páx. 15.782, onde di:

«b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da Xunta de Galicia».

Debe dicir:

«b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da comunidade autónoma».