DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2007 Páx. 16.192

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2007 pola que se convoca un curso de autocad para a elaboración de atestados e dispositivos de tráfico, que se desenvolverá a través da internet.

Dentro das actividades programadas para o ano 2007, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, do Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a realización dun curso de autocad para a elaboración de atestados e dispositivos de tráfico, que se desenvolverá a través da internet, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

1. Perfeccionarse nos coñecementos de expresión gráfica.

2. Especializarse no manexo de paquetes de deseño para a confección de atestados ou informes.

3. Adoptar técnicas automatizadas para a representación gráfica nos informes.

Destinatarios.

-O curso vai dirixido ao persoal das forzas e corpos de seguridade en xeral, pero teñen preferencia os membros das policías locais e da policía autonómica que non fixeran ningún curso a través desta modalidade.

-Os solicitantes desta actividade formativa deberán dispor do programa autocad, versión 2000 ou superior, para poder traballar desde os seus propios equipos.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas e selección.

Ata 50 prazas, que serán outorgadas por rigorosa orde de entrada de solicitudes, tendo en conta o disposto na epígrafe de destinatarios.

Solicitudes.

1. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 17 de outubro ás 14.00 horas.

2. O persoal que desexe participar neste curso cubrirá a instancia que figura no anexo desta publicación, ou na páxina web http://agasp.xunta.es.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (telefax: 986 59 00 28); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase desde o 22 de outubro ao 30 de novembro e terá unha valoración de carga horaria de 60 horas lectivas.

Contido.

Parte teórica: funcionalidades do programa autocad.

Parte práctica: cada semana exixirase a realización de dous traballos, que se lle deberán enviar ao profesorado para a súa avaliación antes das 21.00 horas dos venres.

Exixencias.

-O alumnado participante, utilizando as funcionalidades para o deseño do programa de autocad deberá realizar os informes técnicos que se exixen en cada actividade, coidando que o resultado recolla todas e cada unha das medidas indicadas, requisito indispensable para ser avaliado.

-O alumnado terá que axustarse en todo momento ao calendario que establece a convocatoria do curso para a presentación dos traballos e casos prácticos. Non se permitirá o envío de ningún dos traballos fóra do prazo establecido.

-Non presentar algún dos traballos implicará a baixa do/a alumno/a no curso.

-Os casos prácticos serán avaliados de 0 a 10 puntos, e establécese en 5 puntos a súa superación. Os que non acaden esta puntuación mínima causarán baixa no curso.

-As cualificacións estarán expostas na páxina do curso antes das 9.00 horas do luns seguinte, co obxecto de que aqueles alumnos/as que superasen as probas poidan comezar co seguinte módulo.

Relación de admitidos.

A relación do persoal admitido farase pública o día 18 de outubro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Formulación definitiva de inscrición para os alumnos admitidos.

O persoal seleccionado, segundo a listaxe que se fixese pública, deberá inscribirse na plataforma de formación en liña, á que se accede a través da páxina web da AGASP (http://agasp.xunta.es). Para isto terán de prazo desde as 14.00 horas do día 18 de outubro ata as 14.00 horas do día 19 de outubro.

Requirimentos técnicos mínimos para os equipos dos alumnos.

Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da AGASP (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónico ou e-learning) son de nivel básico: hardware.

A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.

Software.

Calquera navegador web actual (de versión recente) sobre calquera sistema operativo de uso común, e o programa autocad na versión 2000 ou superior, como se explicita na epígrafe de destinatarios.

Por exemplo:

-En windows pódense empregar o Mozilla Firefox, o Opera ou o Internet Explorer.

-en Linux pódese empregar o Firefox, o Konqueror ou o Opera.

Comunicacións.

Para acceder á estrutura de xestión do curso abonda unha conexión de baixa velocidade (por exemplo: unha conexión telefónica con módem a 40 Kbps permite interactuar comodamente coa ferramenta de xestión do curso).

Certificacións do curso.

Establécense dous tipos de certificados, coa seguinte exixencia:

-Certificado de participación: para aqueles alumnos/as que participen activamente no curso e realicen satisfactoriamente os seis exercicios prácticos segundo a cualificación indicada.

-Certificado de aproveitamento: realización dunha proba práctica o día 4 de decembro ás 17.30 horas na aula de informática da AGASP, consistente nun ou dous exercicios prácticos. Só poderán participar aqueles/as alumnos/as con dereito ao certificado de participación.

Calendario para a presentación das actividades prácticas.

Ver referencia pdf "19200D006P012.PDF"

Incompatibilidade.

A participación neste curso resultará incompatible coa admisión do alumno noutra actividade da AGASP que se desenvolva pola internet ou en edicións anteriores desta mesma temática.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 26 de setembro de 2007.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

Ver referencia pdf "19200D006P012.PDF"