DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2007 Páx. 16.187

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 25 de setembro de 2007 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas ao fomento do emprego en empresas de economía social e para a promoción do cooperativismo, convocadas pola Orde do 7 de marzo de 2007.

A Orde do 7 de marzo de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se convocan para o ano 2007 (DOG nº 55, do 19 de marzo), establece no seu artigo 3 que os créditos previstos para o financiamento das axudas poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia sectorial de asuntos laborais ou disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polos fondos europeos.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 7 de marzo de 2007, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 7 de marzo de 2007, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007:

16.04.324A 471.0 polo importe de 688.388,49 euros, código de proxecto 2002 14437.

16.04.324A 472.0 polo importe de 517.500 euros, código de proxecto 2007 00649.

16.04.324A 770.0 polo importe de 45.771,41 euros, código de proxecto 2003 00449.

16.04.324A 770.0 polo importe de 1.527,72 euros, código de proxecto 2004 00482.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2007.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo