DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 03 de outubro de 2007 Páx. 16.186

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 186/2007, do 20 de setembro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun inmoble feita polo Concello de Vigo á Comunidade Autónoma de Galicia, con destino á instalación da escola de arte dramática.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 2 de outubro de 2006 acordou a cesión dunha parcela á Comunidade Autónoma de Galicia para a instalación da escola superior de arte dramática de Galicia.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Vigo acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Vigo, dun terreo que se describe como segue:

Parcela E4-2, sita na etapa III, fase A, do polígono de Navia, concello de Vigo. Mide a superficie de oito mil cincocentos metros cadrados. Linda: norte, parcelas S4-1 e S4-2; sur, espazo libre P-3; leste, rúa 2-f; e oeste, parcela E4-1.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº tres de Vigo, parcela nº 72091, libro 1316, folio 141, inscrición primeira.

Artigo 2º.-O destino do inmoble será a construción dunha escola de arte dramática, a cargo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda