DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2007 Páx. 16.031

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 181/2007, do 27 de setembro, polo que se nomea delegada da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina) a María José Porteiro García.

Aprobado o Decreto 157/2007, do 26 de xullo, polo que se crea a Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina) e tendo en conta o disposto no artigo 4, alínea 13ª da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de setembro do dous mil sete,

Nomeo delegada da Xunta de Galicia en Bos Aires (República Arxentina) a María José Porteiro García.

Santiago de Compostela, vinte e sete de setembro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luís Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza