DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2007 Páx. 15.958

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia número 6767/2007.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 11 de setembro actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 6767/2007, promovido pola Xunta de Galicia, en relación cos artigos 3 b), c) e e); 5.1º b); 6.2º e 4º; 12.1º; 13; 14; 15; 16; 17; 19; 21; 22; 24.2º e 3º; 25.4º e 5º; 27.1º, 2º, 5º e 6º; 28.2º, 3º e 4º; 29; 30; 31; 32.4º; 33; 34; 35; 36.3º; 37.2º; 38.1º; disposición adicional primeira e disposición derradeira primeira do Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, e, de conformidade co disposto no artigo 10.2º LOTC na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuírlle á sala segunda, á cal pola quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento deste conflito.

Madrid, once de setembro de dous mil sete. A Secretaria de Xustiza do Pleno. Herminia Palencia Guerra. Asinado e rubricado.

O secretario xeral

Rubricado