DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2007 Páx. 15.897

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de marzo de 2007 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape e se procede á convocatoria de determinadas liñas de axuda.

Advertidos os erros na referida resolución, publicada no DOG nº 59, do 23 de marzo de 2007, procede facer as seguintes correccións:

Dentro da Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial:

-Na páxina 4.637, artigo 5.3º.2, onde di:

«5.3º.2. Para os proxectos previstos no artigo 5.1º.3 serán subvencionables os proxectos realizados por Pemes de todas as actividades económicas agás o cultivo, extracción ou comercio por xunto de produtos agrícolas, gandeiros ou pesqueiros».

Debe dicir:

«5.3.2. Para os proxectos previstos no artigo 5.1º.3 serán subvencionables os proxectos realizados por Pemes de todas as actividades económicas agás a extracción, transformación ou comercio por xunto de produtos da pesca e da acuicultura e a produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros».

Dentro da Base reguladora para o fomento das iniciativas xeradoras de coñecemento nas Pemes galegas:

-Na páxina 4.643, artigo 3.1º.1, onde di:

«3.1.1. Desenvolver no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non relacionada coa produción, transformación ou comercialización dos produtos que figuran no anexo I do Tratado constitutivo da UE. No caso de que a axuda fose outorgada en réxime de minimis, os beneficiarios non poderán dedicar a súa actividade empresarial:».

Debe dicir:

«3.1.1. Desenvolver no centro radicado en Galicia calquera actividade empresarial, agás as seguintes:».

-Nas páxinas 4.645 e 4.646, Artigo 6.4º.1 g), onde di:

«g) Os beneficiarios específicos citados no artigo 6.2º poderán promover a participación agrupada de empresas asociadas aplicándose neste caso as porcentaxes e límites e subvención anteriores e primándose cunha subvención adicional de 3.000 euros por empresa participante ata un límite máximo de 36.000 euros, admitíndose como subvencionable neste caso se o evento se celebra no estranxeiro os gastos de viaxe e aloxamento dunha persoa por beneficiario e unha persoa por cada unha das empresas participantes no evento e sufragados polo beneficiario da subvención...».

Debe dicir:

«g) Os beneficiarios específicos citados no artigo 6.2º (consorcios de exportación e organismos intermedios) poderán promover a participación agrupada de empresas asociadas aplicándose neste caso as porcentaxes e límites e subvención anteriores e podendo obter unha subvención adicional de 3.000 euros por empresa participante cun límite máximo para esta subvención adicional de 36.000 euros, admitíndose como subvencionables neste caso os gastos incorridos polas empresas participantes en calquera das letras b), c), d) ou e) da base 6.3º.1, cuxa facturación e pagamento será recompilada polo beneficiario da subvención para presentala como parte da xustificación do proxecto...».

-Na páxina 4.647, elimínase o artigo 8.3º.4.

Dentro da Base reguladora dos apoios a proxectos colaborativos de carácter empresarial:

-Na páxina 4.650, elimínase o artigo 5.3º.3.