DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2007 Páx. 15.638

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 171/2007, do 6 de setembro, sobre asunción da ampliación dos medios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1140/2007, do 31 de agosto, en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña e a súa asignación á Consellería de Traballo.

A través do Real decreto 553/2006, do 5 de maio, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servizos en materia educativa, de emprego, formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña. Estas funcións e servizos foron asumidos polo Decreto 106/2006, do 30 de xuño.

Polo Real decreto 1140/2007, do 31 de agosto, amplíanse por parte da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia os medios económicos adscritos ás funcións e servizos traspasados en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendadas ao Instituto Social da Mariña.

Procede, en virtude da citada ampliación, asumila de forma expresa nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias polo que se amplían os medios económicos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 553/2006, en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do consello da Xunta de Galicia na súa reunión de seis de setembro de dous mil sete,

dispoño:

Artigo 1º. -Asunción do traspaso.

Queda asumida a ampliación dos medios económicos traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1140/2007, do 31 de agosto, en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias do 19 de xuño de 2007, de ampliación de medios económicos adscritos ás funcións e servizos traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 553/2006, do 5 de maio, publicado como anexo ao Real decreto 1140/2007.

Artigo 2º.-Asignación de funcións.

De acordo co establecido no Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, asígnanse á citada consellería, as funcións e servizos asumidos.

Artigo 3º.-Efectividade do traspaso.

A asunción de funcións obxecto deste decreto, terá efectividade a partir da data sinalada no acordo da Comisión Mixta, de acordo co disposto no Real decreto 1140/2007.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto e para adoptar as medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións e servizos traspasadas

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza