DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2007 Páx. 15.561

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais.

Advertidos erros no texto do Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 147, do 31 de xullo, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 13.028, no artigo 20º.-Solicitude, punto segundo, punto b), onde di: «artigo 14º letra c) do presente decreto», debe dicir: «artigo 13º letra c) deste decreto».

Na páxina 13.029, no artigo 23º.-Informes técnicos, no punto primeiro a referencia aos artigos 15º e 16º debe entenderse aos artigos 14º e 15º respectivamente.

Na páxina 13.029, no artigo 28º.-Procedemento e resolución, no punto primeiro, onde di: «artigo 15º do presente decreto», debe dicir: «artigo 14º deste decreto».

Nas páxinas 13.033 á 13.037 que recollen os anexos de solicitude, estes deben identificarse coa seguinte numeración:

Anexo I. Autorización para a creación, construción de centros de servizos sociais.

Anexo II. Permiso de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Anexo III. Modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Anexo IV. Permiso de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Anexo V. Acreditación de centros e programas de servizos sociais.

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA