DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2007 Páx. 15.490

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 14 de setembro de 2007 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego convocadas pola Orde do 8 de marzo de 2007.

A Orde do 8 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego (Diario Oficial de Galicia nº 51, do 13 de marzo), establece na disposición adicional primeira que as accións incluídas na orde se financiarán con cargo ás consignacións orzamentarias que figuran nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2007.

Na mencionada disposición adicional figura a aplicación orzamentaria 16.03.323V.461.0 cun importe de 815.000 euros na anualidade de 2007 e 350.000 euros na anualidade de 2008.

Non obstante, e como consecuencia dunha transferencia, existe orzamento na mencionada aplicación que pode ser utilizado para o mesmo fin, polo que cómpre ampliar o importe da contía establecida na aplicación 16.03.323.V.461.0 da disposición adicional primeira da Orde do 8 de marzo de 2007, coa finalidade de poder atender un maior número de solicitudes.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe da contía establecida para a aplicación 16.03.323V.461.0 da Orde do 8 de marzo de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego, nos importes de 449.583,84 euros para o ano 2007 e 400.000 euros para o 2008.

A contía total da orde na aplicación 16.03.323V.461.0 será por importe de 1.264.583,84 euros para o ano 2007 e de 750.000,00 euros para o ano 2008.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2007.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo