DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2007 Páx. 15.487

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2007 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades de dereito público e privado, sen ánimo de lucro, con excepción das administracións públicas territoriais, para promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para 2007 (cód. procedemento IN521C).

O conselleiro de Innovación e Industria, con data do 11 de setembro de 2007, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades de dereito público e privado, sen ánimo de lucro, con excepción das administracións públicas territoriais, para promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

O artigo 13 da orde reguladora dispón: «todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Innovación e Industria. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de beneficiarios de subvención, segundo o establecido na orde reguladora citada. Esta relación achégase como «Anexo I-Subvencións concedidas».

Todos os solicitantes que se recollen no anexo «Subvencións concedidas» poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao «Taboleiro electrónico» dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo: http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do?cod_cons=IN&cod_proc=521C.

Os solicitantes que non aparecen no devandito anexo deberán entender que non lles foi concedida a subvención e poderán obter información detallada das causas de denegación accedendo ao «Taboleiro electrónico» dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo: http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do?cod_cons=IN&cod_proc=521C

O acceso ao dito enderezo tamén pode facerse desde o enderezo da internet «http://www.conselleriaiei.org», seleccionando a «Oficina Virtual», para a continuación acceder á aplicación «Internet Expres» e dentro desta, escollendo o procedemento IN521C. Tamén pode accederse desde o enderezo «http://www.xunta.es» da Xunta de Galicia, e mesmo neste sitio web facendo uso do «Rexistro Telemático» e da ligazón dispoñible co procedemento IN521C.

Para o acceso ao contido do «Taboleiro electrónico» cada solicitante deberá introducir o Código Electrónico existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a intimidade do acceso á información.

Os modelos de documentos para a xustificación do proxectos estarán dispoñibles no taboleiro electrónico a partir do 17 de setembro de 2007.

Terceiro.-En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través dos teléfonos 981 54 55 83 ou 981 54 55 35, do número de fax 981 54 47 06 ou do enderezo de correo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "18300D001P007.PDF"