DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2007 Páx. 15.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2007 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración subscritos e previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, asinados no segundo cuadrimestre do ano 2007.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, subscritos por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2007 e que se relacionan a continuación no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2007.

Miguel Martín Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais