DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2007 Páx. 15.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se fai pública a relación de entidades aseguradoras seleccionadas, co fin de ofertar ao sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia un seguro de indemnización diaria en caso de paralización e perda da produción por condicións climatolóxicas adversas.

Entidades aseguradoras seleccionadas:

1. Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A.

Puntuación acadada: 60,5 puntos.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 6 da Orde do 6 de agosto de 2007 pola que se convoca concurso de selección de entidade aseguradora que ofreza un seguro de indemnización diaria en caso de paralización e perda da produción por condicións climatolóxicas adversas no sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia, e dos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2007.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos

Ver referencia pdf "18200D002P009.PDF"

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS