DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2007 Páx. 15.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de xullo de 2007 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas nas ordes da Consellería de Traballo, do 31 de xaneiro de 2007, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2007, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatória, e do 16 de febreiro de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 149, do xoves 2 de agosto de 2007, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 13.199, na columna esquerda, no artigo º.2º, onde di: «Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro do capítulo terceiro (programas de cooperación con administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro), sección I (das subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007:», debe dicir: «Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro do capítulo terceiro (programas de cooperación con administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007».