DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2007 Páx. 15.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2007 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 16 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos investimentos das empresas en materia da sociedade da información, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo IN520A; Diario Oficial de Galicia, número 79, do 24 de abril de 2007).

O conselleiro de Innovación e Industria, con data do 4 de setembro de 2007, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 16 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos investimentos das empresas en materia da sociedade da información, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

O artigo 12 da orde reguladora dispón: todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Innovación e Industria. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG poderanse remitir os beneficiarios a que consulten información detallada da resolución nun taboleiro da citada web.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarios de subvención, segundo o establecido na orde reguladora citada. Esta relación achégase como anexo I subvencións concedidas.

Todos os solicitantes que se recollen no anexo I subvencións concedidas poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao taboleiro electrónico dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, na dirección: http://www.xunta.es/apps/AICRaiz/AICEntrada.jsp.

Os solicitantes que non aparecen no devandito anexo I deberán entender que non lles foi concedida a subvención e poderán obter información detallada das causas de denegación accedendo ao taboleiro electrónico dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo: http://www.xunta.es/apps/AICRaiz/AICEntrada.jsp.

O acceso ao dito enderezo tamén se pode facer desde o enderezo da internet http://www.conselleriaiei.org, seleccionando a oficina virtual, para, a seguir acceder á aplicación internet expres e dentro desta, escollendo o procedemento IN520A. Tamén se pode acceder desde o enderezo http://www.xunta.es da Xunta de Galicia, e mesmo neste sitio web facendo uso do rexistro telemático e da ligazón dispoñible co procedemento IN520A.

Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico, cada solicitante deberá introducir o código electrónico existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a intimidade do acceso á información.

2. Por estar financiado por fondos Feder e para lle dar cumprimento ao Regulamento (CE) 1828/2006 (DOUE 15-2-2007) da Comisión, do 8 de decembro de 2006, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposición xerais relativas ao Fondo de Desenvovlemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e o Regulamento (CE) nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional, infórmase de que no financiamento da axuda concedida participa a Unión Europea, a través do Fondo de Desenvolvemento Regional, cunha porcentaxe do 75%, polo que o beneficiario queda suxeito ás obrigas establecidas nas citadas normas en materia de información e publicidade de acordo co que dispón o artigo 16 i) das bases reguladoras da orde de convocatoria.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través dos teléfonos 981 54 55 83 ou 981 54 55 35, do número de fax 981 54 47 06 ou do enderezo de correo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2007.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "18100D008P036.PDF"