DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2007 Páx. 15.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de setembro de 2007 pola que se resolve a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación á educación para o curso 2007-2008.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 25 de abril de 2007, convocou axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación á educación para o curso 2007-2008 e aprobou as súas bases de concesión.

Cumpridos os trámites previstos nos artigos 7 e 8 da orde de convocatoria, a comisión de selección formulou a súa proposta definitiva de concesión de axudas.

En consecuencia, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Artigo 1º.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación á educación para o curso 2007-08 aos centros e coas dotacións que se relacionan no anexo a esta orde.

Artigo 2º.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor os recursos que procedan en aplicación do disposto nos artigos 20 e 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "18100D008P036.PDF"

Dotación e apoios que recibirá cada un dos centros seleccionados:

a) Un paquete multimedia composto por un encerado dixital interactivo, un proxector e seis ordenadores portátiles, que se enviará no primeiro trimestre do curso académico 2007-2008.

b) Dotación económica de 2.000 €.

c) Asesoramento para o profesorado do centro para un mellor aproveitamento dos recursos informáticos e da súa incorporación á docencia.

d) Un espazo web para facilitar a creación e organización de materiais e recursos educativos por medio das tecnoloxías da información e da comunicación.

e) A difusión das experiencias a través da rede e a publicación dos materiais educativos producidos.