DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2007 Páx. 15.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2007 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de agosto de 2007 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

A aprobación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar xustifícase pola necesidade de adaptala ao Decreto 61/2004, do 25 de marzo, polo que se crea o Centro Residencial de Atención a Persoas Maiores Volta do Castro.

En consecuencia, por proposta da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da comunidade autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 30 de agosto de 2007 adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar nos termos que se sinalan no anexo ao presente acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trinta de agosto de dous mil sete, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, coa finalidade de cumplir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Total

Ver referencia pdf "18100D004P009.PDF"

ANEXO

Ver referencia pdf "18100D004P009.PDF"

Ver referencia pdf "18100D005P012.PDF"

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

640 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO

DE GALEGO (R.I.).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A15 ADSCRIPCIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO

E CCAA E PERSOAL ESTATUTARIO DO SERGAS E PERSOAL LABORAL DA

XUNTA DE GALICIA.

AXG ADSCRIPCIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS SALARIAIS

B12 COMPLEMENTO SALARIAL DE S INGULARIDADE DE RESPONSABILIDADE.

B14 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN.

B18 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE.