DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2007 Páx. 15.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 28 de agosto de 2007 pola que se resolve a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para financiamento dos gastos derivados do funcionamento dos servizos de protección civil en materia de xestión de riscos e a xestión de emerxencias.

Por Orde do 3 de abril de 2007 (DOG nº 71, do 12 de abril), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza anunciou normas que regulan o réxime de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para financiamento dos gastos derivados do funcionamento dos servizos de protección civil en materia de xestión de riscos e a xestión de emerxencias.

Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 6 da Orde do 3 de abril de 2007,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 06.07.212A.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, as seguintes axudas:

Ver referencia pdf "18100D004P009.PDF"

Segundo.-Notificarlle o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Terceiro.- Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza