DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2007 Páx. 15.348

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 28 de agosto de 2007 pola que se resolve a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades de concellos galegos para financiamento dos investimentos derivados da creación, posta en funcionamento e desenvolvemento dos servizos municipais de protección civil.

Por Orde do.3 de abril de 2007 (DOG nº 71, do 12 de abril), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza anunciou normas que regulan o réxime de axudas aos concellos e mancomunidades de concellos galegos para financiamento dos investimentos derivados da creación, posta en funcionamento e desenvolvemento dos servizos municipais de protección civil .

Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 6 da Orde do 3 de abril de 2007,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 06.07.212A.760.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, as seguintes axudas:

Ver referencia pdf "18100D002P008.PDF"

Segundo.-Notificarlle o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza