DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 18 de setembro de 2007 Páx. 15.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 28 de agosto de 2007 pola que se resolve a cesión en propiedade de material de emerxencia e salvamento en misións de protección civil aos concellos e mancomunidades de concellos galegos.

Por Orde do 4 de abril de 2007 (DOG nº 71, do 12 de abril), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza anunciou normas para a cesión en propiedade de material de emerxencia e salvamento en misións de protección civil aos concellos e mancomunidades de concellos galegos.

Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 4 de abril de 2007,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 06.07.212A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, a cesión en propiedade de material de emerxencias e salvamento en misións de protección civil aos seguintes concellos:

Ver referencia pdf "18100D001P007.PDF"

Segundo.-Notificarlle o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizará mediante acta, na cal constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza