DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2007 Páx. 15.268

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2007 pola que se fai público o nomeamento de Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez como secretario xeral do Consello de Contas de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 7.3ºh) da Lei 06/1995, de 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o pleno en sesión que tivo lugar o día 14 de setembro do presente ano acordou nomear secretario xeral do Consello de Contas de Galicia a Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2007.

Antonio López Díaz

Conselleiro maior do Consello

de Contas de Galicia