DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 17 de setembro de 2007 Páx. 15.268

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2007 pola que se fai público o cesamento de Rosendo Figueroa Dorrego como secretario xeral do Consello de Contas de Galicia.

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 8.i) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia, acordou en sesión que tivo lugar o día 14 de setembro do actual que cese, por petición propia e con efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, Rosendo Figueroa Dorrego como secretario xeral do Consello de Contas, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2007.

Antonio López Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

b) NOMEAMENTOS CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA