DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2007 Páx. 15.226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de agosto de 2007 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos colectivos de xestión pesqueira, e se establece a súa convocatoria.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 169, do 31 de agosto de 2007, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 14.584, artigo 2º: as alíneas e), f) e g) deben nomearse d), e) e f) respectivamente.

Na páxina 14.586, artigo 7º, parágrafo 1, alínea e.2, onde di: «a ameixa procedente de bancos marisqueiros só se admitirá cando se trate de bancos catalogados como C, agás causas excepcionais suficientemente acreditadas»; debe dicir: «a ameixa procedente de bancos marisqueiros só se admitirá cando se trate de bancos catalogados como C, e por causas excepcionais suficientemente acreditadas».

Na páxina 14.586, artigo 7º, parágrafo 1, alínea e.3, onde di: «non se aplicarán as limitacións de talle»; debe dicir: «non se aplicarán as anteriores limitacións».

Na páxina 14.586, artigo 7º, parágrafo 1: a alínea e.5 debe denominarse apartado f).

Na páxina 14.586, artigo 11º, parágrafo 3, onde di: «listaxe de reserva áaque se refire o artigo 17º.2»; debe dicir: «listaxe de reserva á que se refire o artigo 17º.2».

Na páxina 14.588, artigo 13º, parágrafo 2, onde di: «que non serán inadmitidas»; debe dicir: «que non serán admitidas».