DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2007 Páx. 15.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de agosto de 2007 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro integrado de formación profesional Monte de Conxo de Santiago de Compostela.

Tendo en conta o artigo 3º punto 1 do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e o Decreto 154/2006, do 7 de setembro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 325/2003, do 18 de xullo, polo que se autorizan e regulan os centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro integrado de formación profesional que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2007.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código de centro: 15015767.

Denominación: Centro Integrado de Formación Profesional Monte de Conxo.

Nova denominación: Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago.