DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2007 Páx. 15.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 29 de agosto de 2007 pola que se publica a concesión de axudas ao abeiro da Orde do 6 de marzo de 2007, modificada pola do 28 de xuño, pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e realización de actividades de voluntariado.

Pola Orde do 6 de marzo de 2007 regúlanse as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado para o ano 2007. As subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2007.05.32.312F.481.0 (proxecto 2003 00513) polo importe de 500.000 € (cincocentos mil euros).

O 6 de xullo de 2007 publícase a Orde do 28 de xuño de 2007, que modifica a Orde do 6 de marzo, de acordo co orzamento establecido no convenio co Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, co obxecto de propiciar a realización de programas para o desenvolvemento do Plan nacional de voluntariado no ámbito autonómico. Sobre a base deste convenio, modifícase a contía económica, ampliando o importe en 187.632,60 € (cento oitenta e sete mil seiscentos trinta e dous euros con sesenta céntimos) con cargo á aplicación orzamentaria 2007.05.32.312F.481.0 (proxecto 2003 00513).

En virtude das competencias atribuídas polo artigo 9.1º da Orde do 6 de marzo de 2007, o 30 de xullo de 2007 o director xeral de Xuventude e Solidariedade resolve a concesión das axudas solicitadas polas entidades de acción voluntaria, tal e como se recolle no anexo I.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2007.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "17900D001P006.PDF"