DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2007 Páx. 15.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 29 de agosto de 2007 pola que se publica a concesión de axudas ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2007, modificada pola do 28 de xuño, polas que se rexerán as subvencións dirixidas aos concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado.

Por Orde do 5 de marzo de 2007 regúlanse as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado para o ano 2007. As subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2007.05.32.312F.460.0 (proxecto 2003 00512) polo importe de 400.000 € (catrocentos mil euros).

Con data 6 de xullo de 2007 publícase a Orde do 28 de xuño de 2007, que modifica a Orde do 5 de marzo de 2007, de acordo co orzamento establecido no convenio co Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, co obxecto de propiciar a realización de programas para o desenvolvemento do Plan Nacional de Voluntariado no ámbito autonómico. Sobre a base deste convenio modifícase a contía económica, ampliando o importe en 82.000 € (oitenta e dous mil euros) con cargo á aplicación orzamentaria 2007.05.32.312F.460.0 (proxecto 2003 00512).

En virtude das competencias atribuídas polo artigo 9.1º da Orde do 5 de marzo de 2007, o 31 de xullo de 2007 o director xeral de Xuventude e Solidariedade resolve a concesión das axudas solicitadas polos concellos e mancomunidades de municipios, tal e como se recolle no anexo I.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2007.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "17800D001P007.PDF"