DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2007 Páx. 14.979

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2007, da Presidencia do Consultivo de Galicia, pola que se fai pública a incorporación de don Gerardo Fernández Albor como conselleiro nato deste órgano.

Manifestado por Gerardo Fernández Albor o seu desexo de se incorporar ao Consello Consultivo de Galicia e unha vez declarado que non está incurso en causa de incompatibilidade ningunha, con esta data, procedeuse á súa toma de posesión e conseguinte incorporación a este consello consultivo na súa condición de conselleiro nato. Todo iso, de conformidade co disposto no artigo 4 bis da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, na súa actual redacción, dada pola Lei 12/2007, do 27 de xullo.

A presente resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2007.

P.S. (Artigo 10.2º, Lei 9/1995)

Pablo Moure Mariño

Vogal do Consello Consultivo de Galicia