DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2007 Páx. 14.930

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se convocan probas de avaliación para os voluntarios de Protección Civil de Galicia sobre manexo de desfibriladores externos por persoal non médico, correspondentes á programación presentada pola Academia Galega de Seguridade Pública.

Visto o escrito presentado con data do 10 de xullo de 2007 por Carlos Suárez-Mira Rodríguez, actuando en representación da Academia Galega de Seguridade Pública, con domicilio para os efectos de notificacións na avenida da Cultura s/n (A Estrada), e tendo en conta os seguintes

Feitos:

Primeiro.-Con data do10 de xullo de 2007, a Academia Galega de Seguridade Pública solicitou da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, entidade acreditada como entidade de formación de persoal non médico para o manexo de desfibriladores, a impartición de dous cursos dirixidos aos voluntarios de Protección Civil de Galicia.

Segundo.-Segundo a programación presentada, os cursos que se van realizar son os seguintes:

Mes: outubro.

Datas: 15, 18, 22 e 23.

Horario: das 9.30 ás 14.00 horas. Das 16.00 ás 19.30 horas.

Lugar: Sede da Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada).

Terceiro.-De conformidade coa solicitude presentada, a composición do tribunal encargado de realizar as probas será a seguinte:

Instrutores: Francisco de Prada Creo e Rosario García Rúa.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-De conformidade co previsto no artigo 13.3º do Decreto 99/2005, do 21 de abril, polo que se regula a formación e o uso de desfibriladores externos por persoal non médico, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade é o órgano competente para a convocatoria das probas de avaliación para a obtención do certificado individual correspondente.

Segundo.-A solicitude presentada reúne os requisitos mínimos exixidos no devandito artigo 13.3º do Decreto 99/2005, do 21 de abril, consistentes na determinación da entidade encargada da organización e o desenvolvemento das probas, a composición dos tribunais encargados de realizalas e o lugar, data e hora de realización.

Por canto antecede,

RESOLVO:

Convocar as probas de avaliación correspondentes á programación presentada pola Academia Galega de Seguridade Pública para os participantes que as superen, e que terán lugar nas datas, horas e lugares determinados na solicitude presentada.

Para a expedición dos certificados individuais, observarase o previsto no artigo 14 do Decreto 99/2005, do 21 de abril, polo que se regula a formación e o uso de desfibriladores externos por persoal non médico.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a entidade interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, de conformidade co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2007.

P.A. (Resolución 11-7-2007)

Germán González Pazó

Director xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria