DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2007 Páx. 14.930

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se comunican os lugares de publicación das listas provisorias de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de completar documentación presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da Resolución do 1 de abril de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa, recibidas ata o 31 de agosto de 2007.

Recibíronse solicitudes ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da Resolución do 1 de abril de 2005, pola que se ordena a publicación do acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións patronais e sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa.

Co obxecto de continuar coa súa tramitación administrativa, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais nos das súas delegacións provinciais, así como na páxina web desta consellería, as listas provisorias de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de completar documentación presentadas ao abeiro do punto sétimo, alínea b), da citada Resolución do 1 de abril de 2005, e recibidas ata o 31 de agosto de 2007.

Segundo.-Informar que contra estas listas provisorias os interesados poderán presentar reclamacións e achegar os documentos e xustificantes que coiden pertinentes no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, perante a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, bloque II, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña). Advertíndose que, de conformidade co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes pendentes de completar documentación que non o fixesen neste prazo se terán por desistidas da súa petición e pasarán a quedar excluídas do procedemento.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2007.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa