DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2007 Páx. 14.882

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 3 de setembro de 2007 pola que se substitúen dous membros do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

De acordo coa proposta efectuada polo presidente do Instituto Galego de Consumo, e en virtude do establecido no artigo 7.2º, en relación co artigo 5.2º do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Substituír como membro suplente do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido no artigo 7.1º e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a José Manuel Robles Fernández por Elena Mateos Vázquez da Asociación de Consumidores A Xuntanza de Vigo.

Artigo 2º.-Substituír como membro titular do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido no artigo 7.1º e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a Ricardo Pazo Vázquez por Alfredo Iglesias Raído, da Federación Territorial de Pensionistas de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2007.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria