DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2007 Páx. 14.882

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

DECRETO 163/2007, do 6 de setembro, polo que se dispón que cese Antonio Losada Trabada como secretario xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Antonio Losada Trabada, como secretario xeral e de Relacións Institucionais, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

b) NOMEAMENTOS VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR