DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2007 Páx. 14.757

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de agosto de 2007 pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos de formación de lingua galega, nivel Celga 1 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia, para realizar a partir do 20 de setembro de 2007 (PR 10 4B).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 162, do 22 de agosto, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 14.087, artigo 1º, onde di: «Anunciar a convocatoria pública para solicitar participar ou impartir cursos de formación de lingua galega», debe dicir: «Anunciar a convocatoria pública para solicitar participar en cursos de formación de lingua galega».

Na páxina 14.088, artigo 8º, faise mención a que «as persoas interesadas e as entidades formularán as solicitudes segundo os modelos de solicitudes que figuran como anexo I (para persoas individuais) e anexo II (para entidades ou colectivos), respectivamente», non obstante só aparece un modelo de solicitude. En consecuencia engádese o anexo II.

Ver referencia pdf "17200D001P005.PDF"