DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2007 Páx. 14.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 31 de xullo de 2007 sobre a aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual número 3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Illa de Arousa (Pontevedra).

O Concello da Illa de Arousa remite o proxecto de modificación puntual referido, para a súa aprobación definitiva, conforme o artigo 85.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro.

I. Antecedentes.

1. O Concello da Illa de Arousa dispón na actualidade de PXOM aprobado o 14-2-2002.

2. A modificación puntual foi aprobada inicialmente polo Pleno en sesión do 11 de xaneiro de 2007. Foi sometida á información pública mediante publicación de anuncios nos xornais Faro de Vigo do 19 de xaneiro e La Voz de Galicia do 20 de xaneiro e mediante publicación no DOG nº 13, do 18 de xaneiro de 2007.

3. Informes municipais previos á aprobación provisional: técnico do 22-2-2007 e xurídico do 23-2-2007.

4. Foi aprobada provisionalmente polo Pleno en sesión do 14 de marzo de 2007.

5. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, por decisión do 23 de marzo de 2007, publicada no Diario Oficial de Galicia do 20 de abril, acordou non someter a presente modificación puntual ao procedemento establecido no artigo 7 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre a avaliación ambiental dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

II. Consideracións e fundamentación.

II.1. Con data do 31-7-2007, a Dirección Xeral de Urbanismo elevou un informe-proposta de resolución, en que se expresa o seguinte:

1. A modificación, formulada polo concello, consiste na reforma da normativa en vigor en dous aspectos diferenciados:

a) Os recuamentos ou recuamentos máximos permitidos que se establecen na ordenanza semi-intensiva e na ordenanza extensiva.

b) O dimensionamento das mansardas nas cubertas.

2. A razón de interese xeral na cal se fundamenta a formulación da modificación, de acordo co artigo 94.1º da Lei 9/2002, consiste, segundo a memoria, na mellora substancial da calidade da ordenación urbanística vixente, cara a favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio, encamiñándose así a obter os obxectivos que neste artigo se citan.

II.2 De conformidade co artigo 89 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e co artigo 1 de Decreto 519/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle á conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

III. Resolución:

Visto canto antecede, de conformidade co punto 5 a) do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual nº 3 do PXOM do Concello da Illa de Arousa (Pontevedra).

2. Publicar esta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade e no prazo establecido no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Así mesmo, de conformidade co citado artigo e o 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas modificadas e aprobadas definitivamente.

3. Notificarlle este acordo ao Concello da Illa de Arousa.

Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2007.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes