DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2007 Páx. 14.578

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 162/2007, do 30 de agosto, polo que se dispón que cese Julia María Carmen Chamosa Martín como presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 4.1º do Decreto 223/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de agosto de dous mil sete,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Julia María Carmen Chamosa Martín como presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, trinta de agosto de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras

Públicas e Transportes